Que é CIME?
O programa Coruña Innovación e Mellora Empresarial (CIME) é un programa liderado polo Concello da Coruña cuxo obxectivo é facilitar a innovación das empresas na Coruña.
PREMIO CIME
11 de novembro de 2022, 14:30 horas.
Lugar de celebración: Centro Municipal de Empresas A Grela.
Calle Galileo Galilei 62, A Coruña.

Como pode axudar o programa CIME á miña empresa?
Podémosche axudar por medio de asesoría e consultoría se a túa empresa ten como obxectivo a innovación nalgún destes apartados:

Innovación en produto ou servizo.

Innovación en procesos.

Innovación do modelo de negocio.

Innovación en márketing.

Innovación organizacional.

Innovación tecnolóxica.

Innovación ambiental.
Pode a miña empresa participar no programa CIME?
Podes participar no programa CIME se ti ou a túa empresa cumpren con algún dos seguintes apartados:

01
Es persoa física autónoma dada de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA), en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou nunha mutualidade de colexio profesional.
02
Se formas parte dunha sociedade de calquera clase e conta esta coa condición de microempresa.
No caso de desenvolver a actividade a través dun establecemento permanente este deberá estar radicado no termo municipal da Coruña.
No caso de que para o exercicio da actividade non se dispoña de establecemento permanente, o teu domicilio fiscal deberá estar dentro do termo municipal da Coruña.
Os requisitos esixibles ás persoas beneficiarias deberán ser cumpridos na data de solicitude de entrada no programa e manterse durante todo o prazo de execución do mesmo.
